Este é un lugar especial, adicado a todos os que formamos o Equipo das Mans alzadas: Alumnos/as (os mais importantes, sen os que este blogue no tería sentido); familias( ás que queremos amosar a través desta fiestra como construímos a nosa aprendizaxe) e a mestra Ana (orientadora das tarefas e do proceso de ensinanza-aprendizaxe),. O noso blogue, ten este nome, porque formamos un Equipo que ten coma obxectivo levantar as suas Mans e construir un mundo mellor para tod@s.
lunes, 23 de octubre de 2017
Visita á Lonxa de Canido
Xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de E.I. acudimos a explorar o nosos contorno mais próximo, igual que indios!
Emplazados nunha cidade de costa, descubrimos moitos irmáns da natureza: xarda, pescada, pintaroxa...
Con axuda do pescador Maque sabemos que estas especies péscanse en barcos de baixura, con axuda de aparellos e moitísimo esforzo.
Grazas a Rita e Amaia degustamos unha morea de tapas con sabor a mar.
Pasámolo de medo!
O noso contorno e moi diferente ao dos indios norteamericanos...pero moi fermoso tamén!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario