Esta semana tivemos unha visita moi, moi especial.
Os avós de Carme, Tomás e Blas que adicaron a súa profesión a construción
naval contáronnos a súa experiencia.
Aprendemos o difícil proceso que hai que seguir para construír
un barco, as súas partes principais, como o botaban a auga, os tipos de barcos
e por suposto o lugar onde o facían OS ASTELEIROS.
Moitas grazas avós pola vosa experiencia, foi un pracer para os
nen@s e tamén para as mestras poder escoitarvos.